lunes, 19 de marzo de 2007

Dun artigo en La Voz de Galicia 12/02/2007

A Coral Polifónica de Ribadeo iniciou onte a celebración da patroa dos músicos, Santa Cilla, e fíxoo dun xeito especial, recibindo a primeira medalla de ouro que outorga o Concello como recoñecemento, neste caso, ó medio século de actividade musical e cultural desta formación. A corporación local celebrou á noite unha sesión extraordinaria de pleno con ese fin, e no salón de sesións estaban presentes non só os coralistas actuais, senón tamén algún dos que formaron parte da coral ribadense durante os seus primeiros cincuenta anos de vida. -¿Cómo reciben na coral esta medalla de ouro? - Pois con moita emoción, porque supón un recoñecemento non á coral actual senón os cincuenta anos de cultura musical desenrolada pola coral ribadense dende a súa creación. Unha labor que implicou a moita xente , a unha 250 persoas dende a súa posta en marcha en 1955 e que pasaron polas gradas da coral en diferentes etapas. Hai que dicir que hoxe aínda hai xente que estaba nos primeiros concertos e que a coral tivo unha labor continua. Por tanto, o recoñecemento é para a coral en toda a súa historia.. -Foi unha maneira especial de abrir este ano os actos en honor á patroa dos músicos. -Si, quixeron o alcalde e os responsables de Cultura e así se fixo. -Hoxe e mañá continúan coas actividades, unha delas un concerto novidoso. -Si. Hoxe patrocinamos e organizamos o tradicional concerto de Santa Cilla a cargo da Escolanía Pueri Cantores de la Catedral de León. Será no auditorio municipal as nove da noite. Este concerto é unha novidade porque está formado por nenos e adolescentes de entre 6 e 15 anos, o que se sae do corrente, porque normalmente, os coros que nos visitan adoitan ser de adultos. Mañá, a Coral Polifónica de Ribadeo cantará a misa de unha na igrexa parroquial da vila e despois, en torno as dúas e media, terá lugar a tradicional comida de irmandade no Parador, a que asistirán os coralistas e as súas familias, as autoridades e os membros de honor e amigos e simpatizantes.

No hay comentarios: